viernes, 13 de marzo de 2020

Proposta de traballo para o alumnado de 2º

Estimadas familias:
Para esta semana propoñemos traballo de lingua, lengua e mates en PDF e Snappet. Abrindo a ligazón de abaixo, atoparedes un cartafol con fichas para cada día da semana, ideas para a ponte e experimentos. 
Actividades Snappet (facelas pouco a pouco durante a semana): 
Lengua:  Unidade 5 actividades 1,2,3,4,5,8,9
Lingua: Unidade 5 actividades 1,2,3,4,5,8
Mates: Unidade 5 actividades 1,2 3 4,5,6,8

As ciencias traballaranse en PDF ou no Blog de aula. Por isto aconsellamos mirar o blog https://castrilloncinos.blogspot.com/para ver os videos e actividades do blog e así repasar os contidos de ciencias.
Vos animamos neste días a prantar unha lentella, faba,… para posteriormente mirar como xermina e se convirte nunha prantiña. (As prantas sería o seguinte tema de ciencias e podemos ir aprendendo da experiencia na casa)
Na páxina web do centro tamén atoparedes ideas e recursos para estes días. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastrilloncoiro/
Por último escoitamos na radio unha nova sobre persoas que se atopan no hospital en situación de aillamneto e non poden ter visitas. Para aliviarlles un pouquiño a estancia, un grupo de médicos e enfermeros crearon este Gmail: unidoscontraelcovid@gmail.com
Alí pódese mandar mails para animalos. Podedes contar como vos chamades, de onde sodes, que vos gusta facer, que facedes para divertirvos… ata podedes mandar unha foto dun debuxiño. Se vos animades a facelo, de paso os vosos fillos e fillas repasar como se escribe unha carta ou mail. 
Moito ánimo.

As titoras

Se alguén ten dificultades para conectarse ou ten dúbidas, que non dubide en falar coas mestras polo ClassDojo.
Recordamos que as tarefas non terán carácter avaliable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario