sábado, 30 de mayo de 2020

Video conmemoración das letras galegas

Este curso 2019 -2020 non puidemos conmemorar as letras galegas como tódolos anos, pero o alumnado de Castrillón - Coiro sempre está disposto a colaborar. 
Este video é unha pequena homenaxe ás nosas letras.
Esperamos que vos guste.




domingo, 19 de abril de 2020

Novos videos de EF

Novos videos do profe Javi!! 

Retos de EF

Retos de educación física
O profe Javi quere propoñervos uns retos para estes días.
Aqueles que queran facer o reto, poden enviarlle os seus videos aos seguintes enderezos.

- Para o alumnado de 1º e 2º:
Enderezo: retoscoiro1e2@gmail.com
Videos:







- Para o alumnado de 3º e 4º: 
Enderezo: challengecoiro3e4@gmail.com
Videos:








- Para o alumnado de 5º e 6º: 
Enderezo: retoscoiro5e6@gmail.com
Videos:








Moito ánimo!!

jueves, 2 de abril de 2020

Recomendacións da aula de PT

Ola a todos! Dende a Aula de PT do cole imos presentar algunhas ideas para seguir traballando e aprendendo pero dun xeito máis lúdico.

XOGAMOS COA BARALLA DE CARTAS:

En primeiro lugar, propoñémosvos varios xogos coa baralla de cartas, que seguro que todos temos unha (ou varias) na casa. (Premede na imaxe para descargar as instrucións): 
 


XOGAMOS CO DOMINÓ:

Tamén vos propoñemos uns dominós para traballar as sumas e as táboas de multiplicar (Premede máis abaixo para descargalos, imprimilos e recortalos): 

       
Dominó sumas.



Dominó táboas de multiplicar.
   

EXERCITAMOS A NOSA MEMORIA:

Ademais,  podedes descargar uns memorys para traballar a memoria e repasar os demostrativos. (Premede neles para descargalos):
      Memory debuxos. 


Memory demostrativos


Memory demostrativos (contraccións).      

 TRABALLAMOS A NOSA ATENCIÓN:
Finalmente, propoñémosvos outro xogo para traballar a atención e a discriminación visual. (Premede neles para descargalos):

        Atención e discriminación visual.      

Un saúdo dende a aula de PT e moito ánimo a todos!!!!

Recomendacións da aula de AL

Ola a todos e todas! Dende a Aula de AL do cole presentamos algunhas ideas para seguir mellorando a expresión oral e a linguaxe a través de xogos e de actividades nas que se traballe a mobilidade bucofacial e a discriminación auditiva. (Preme na imaxe e descarga a presentación). 


Un saúdo e moito ánimo a todos dende a aula de Audición e Linguaxe!

Galicia le

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.



O profe Javi mándavos un video para adiviñar o que pensades!!!!

Boas tardes!!
Hoxe o profe Javi mandounos un video no que adiviñará o que pensades!!
Esperamos que pasedes un rato agradable!!
Moito ánimo!!


Día mundial de concienciación sobre o autismo

Día mundial de concienciación sobre o autismo

Hoxe día 2 de abril de 2020 celébrase o día mundial de concienciación sobre o autismo.
Hai moitísimas iniciativas para celebralo e facer visible a nosa concienciación e apoio a 
tódalas familias en contacto co autismo. 
Propoñémosvos para hoxe vestir de azul, facer muiños de papel azul para o balcón, 
poner alguna prenda, guirnaldas,... cualquer adorno azul para ventanas e balcóns. 

Aquí vos deixo un enlace da confederación de autismo España por si vos interesa saber máis:







miércoles, 25 de marzo de 2020

Recomendacións da mestra de AL

Premendo no cuadradiño da dereita ábrese por completo a pantalla.
Se preferides podedes pinchar no seguinte enlace para visualizalo correctamente.


Hecho con Padlet

lunes, 23 de marzo de 2020

Propostas de traballo para a área de relixión

A mestra de relixión propón as seguintes actividades para que o alumnado siga a súa aprendizaxe.

proposta será a seguinte:


 


Podemos traballar a actividade Arca de Noe.


Proponse que escoiten o audio 1 con diferentes sons de animais e digan cal é o nome do animal que escoitan.

Despois que digan os 5 animais que salvarían e por que.


Para rematar, pedímoslles que nos digan que animais creen que salvará Noé na canción (audio 2).



  Audio 1:                            Audio 2:
                                   




Por último aquí deixo unha actividade para que fagan un arco da vella pegando papeis de cores.


    





Para primeiro e segundo ciclo propóñense actividades interactivas de repaso da editorial ANAYA.


Premendo nas imáxes tedes as ligazóns:


                



Para o terceiro ciclo (5º e 6º) podedes premer na imaxe para acceder ao xogo de pasapalabra.



É un xogo para recordar un pouco a cuaresma.



                       XOGO                                               SOLUCIÓNS
                          



Recomendacións a seguir durante a corentena - Departamento de orientación

DECÁLOGO PARA FACER FRONTE AO COVID-19:
Dende o Departamento de Orientación do CEIP do Castrillón - Coiro, elaboramos un decálogo a seguir durante este período de confinamento, tanto para as familias como para alumnado e profesorado. 
Premede na seguinte imaxe e prestade atención, tedes moitas ideas e moitos enlaces para estar a punto durante a corentena. 
PLANIFICADORES: 
Neste período de confinamento, como xa dixemos, é aconsellable adoptar rutinas e planificar os nosos días. 
A realización diaria de actividades educativas terá que ser adecuada ás características dos nosos alumnos e fillos e é fundamental repartir estas ao longo da semana, deixando o fin de semana para actividades máis lúdicas e incluso tempo sen facer nada.
A continuación, deixámosvos una serie de planificadores para que poidades organizar perfectamente o voso día a día. Esperamos que vos sexan de axuda! (Pinchade nas imaxes para poder descargar o que máis vos guste):

  

APRENDER EN CASA:
Dende o luns 23 de marzo de 2020 comezouse a emitir un programa con contidos educativos en aberto para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante o estado de alarma. 
Para o alumnado de 6 a 12 anos, a canle será Clan TV co seguinte horario: 

MÁIS LECTURAS PARA TODOS E TODAS: 
Ademais, axuntámosvos máis lecturas para todos e todas. Trátase dunha serie de documentos con diferentes fichas de lectura con pequenas actividades de comprensión onde se traballan distintos valores organizadas por cursos. (Pinchade na imaxe en función do voso nivel e poderedes acceder):

    

MÁIS IDEAS PARA REALIZAR DURANTE A CUARENTENA: 
A maiores, na seguinte imaxe propoñémosvos algunhas actividades máis para facer durante as vindeiras semanas (pinchade sobre ela para ampliala):

Un saúdo e moito ánimo a todos!!!
Departamento de Orientación. 

viernes, 20 de marzo de 2020

Recursos dixitais para todas as idades

Os mestres do cole estamos a buscar materiais, páxinas e recursos interesantes para estes días.
Nesta nova entrada iremos engadindo todo aquilo que resulte interesante para todas as idades.
Desexamos que sexan do voso interese.
NOVIDADE: Editorial LA CALESA: creou uns cadernos de repaso para todos os niveis de primaria e secundaria. Premendo na imaxe chegaredes á páxina oficial de LA CALESA e imprimir o caderno no que esteades interesados. Teñen actividades de ortografía, lectura comprensiva, expresión escrita, matemáticas e cálculo.



Guía infantil Covid-19







Conto: Misión quedarse en casa

 Portal educativo: aulas galegas (con recursos para todas as idades)


DE INTERESE PARA AS FAMILIAS:
Listado de iniciativas de Apps españolas que ofrecen gratis os seus contidos Premium para axudar a que os nenos sigan aprendendo dende casa.

Academons Primaria:  esta App de Homeschooling ofrece 30 días de acceso gratis a todo o seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lengua, Inglés, Ciencias e Science  http://bit.ly/Academons_Gratis

Ta-tum: do grupo editorial Edelvives, ofrece acceso gratuito ata o mes de xullo a esta plataforma para o fomento da lectura  http://bit.ly/Edelvives_Tatum

Smartick: esta App malagueña ofrece acceso 15 días gratis a súa App para repasar as matemáticas.  http://bit.ly/Smartick_15

Genially: a plataforma para facer presentacións interactivas ofrece por un tempo limitado as suas plantillas e recursos Premium gratis   http://bit.ly/Genially

AMCO: Acceso aos xogos de Mates e Lengua da súa App Eduzland gratis por un tempo limitado  https://amconews.es/eduzland/

Smile and Learn: esta App para os máis pequenos da casa ofrece acceso gratuito durante un mes a o seu catálogo de xogos interactivos.   http://bit.ly/smile_learn

M.A.R.S.: esta App do grupo SM ofrece códigos desconto para acceder aos contidos de 3º a 6º de Primaria.  http://bit.ly/MARS_App

Cerebriti Edu: ofrece o seus máis de 50.000 xogos de Primaria e Secundaria gratis aa final de curso.  http://bit.ly/Cerebriti_Edu

Yo aprendo en casa: Unha plataforma de SM España con recursos educativos para que as familias e os profesores utilicen actividades de calidade. https://www.grupo-sm.com/es/yoaprendoencasa

martes, 17 de marzo de 2020

Parkour 6º

O mestre de educación física, Diego, estivo a traballar Parkour co alumnado neste trimestre e esta é unha pequena mostra dos resultados obtidos co alumnado de 6º. 
Noraboa rapaces!!!

viernes, 13 de marzo de 2020

Nesta publicación podedes atopar as recomendacións de traballo das mestras de EI para os vindeiros días.
Premendo na imaxe podedes acceder as recomendacións de cada nivel.




Premendo na imaxe de abaixo tedes acceso ás actividades propostas polas mestras de 1º. Toda a información relativa as actividades así como calquera outra consulta será xestionada polas mestras de 1º mediante o ClassDojo.

Propostas de traballo para o alumnado de 3º

Premendo na imaxe inferior teredes acceso ao material proposto polas titoras de 3º. 


NOVIDADE: Proposta para o día do pai:  

Ademais podedes visitar a seguinte ligazón con recursos moi interesantes:


As mestras titoras de 3º facilitan os seus enderezos electrónicos para contestar dúbidas ou facer consultas.
MARGA: justonunezmarga@gmail.com
ESTHER: estherpapel10@gmail.com

Propostas de traballo para o alumnado de 4º

Premendo na imaxe inferior teredes acceso ao material seleccionado polos mestres de 4º.


Ademais das actividades anteriores, tedes un listado de ligazóns para traballar por áreas:

    Lengua                        Lingua                     Mates                             Ciencias
                                       


Elixe libremente algunha das actividades propostas, procurando realizar cada día algunha de cada unha das disciplinas.
Lembra que é importante dedicar tempo á lectura, repasar conceptos matemáticos ( táboa de multiplicar, divisións...) e non perder o ritmo de traballo.
 NOVO  MATERIAL 18/03/2020