jueves, 2 de abril de 2020

Recomendacións da aula de PT

Ola a todos! Dende a Aula de PT do cole imos presentar algunhas ideas para seguir traballando e aprendendo pero dun xeito máis lúdico.

XOGAMOS COA BARALLA DE CARTAS:

En primeiro lugar, propoñémosvos varios xogos coa baralla de cartas, que seguro que todos temos unha (ou varias) na casa. (Premede na imaxe para descargar as instrucións): 
 


XOGAMOS CO DOMINÓ:

Tamén vos propoñemos uns dominós para traballar as sumas e as táboas de multiplicar (Premede máis abaixo para descargalos, imprimilos e recortalos): 

       
Dominó sumas.



Dominó táboas de multiplicar.
   

EXERCITAMOS A NOSA MEMORIA:

Ademais,  podedes descargar uns memorys para traballar a memoria e repasar os demostrativos. (Premede neles para descargalos):
      Memory debuxos. 


Memory demostrativos


Memory demostrativos (contraccións).      

 TRABALLAMOS A NOSA ATENCIÓN:
Finalmente, propoñémosvos outro xogo para traballar a atención e a discriminación visual. (Premede neles para descargalos):

        Atención e discriminación visual.      

Un saúdo dende a aula de PT e moito ánimo a todos!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario