viernes, 13 de marzo de 2020

Propostas de traballo de Inglés

Os mestres de Inglés aconsellan traballar no blog de inglés para repasar diferentes contidos.
Premendo na imaxe enlazades co blog.

O alumnado de Educación Infantil pode utilizar esta ligazón que deixamos debaixo para traballar.  Co teacher xa remataron a unidade 5 pero non importa se queren seguir avanzando. Así cando volvan iranlles soando as cousiñas e avanzarán máis e mellor.
NOVIDADE: No traballo para 3º e 4º. Premede na seguinte ligazón e facede dúas páxinas de exercicios interactivos ao longo da semana. https://agendaweb.org/vocabulary/food-exercises.html
O alumnado de 3º e 4º poderá traballar o vocabulario relativo aos alimentos premendo na seguinte imaxe: 

Recordade tamén que o alumnado de 5º e 6º terá actividades na plataforma EVA - EDIXGAL.
Os mestres tamén recomendan aplicacións gratuítas como:
(aplicacións para móbil ou tableta)
FUN ENGLISH
LEARN ENGLISH FOR KIDS
LINGOKIDS
BUSUU KIDS
(Teñen a súa versión gratuíta e, coma todas, a súa parte de pago)

No hay comentarios:

Publicar un comentario